Organizan unha xornada sobre enerxía eólica en Muras

TerraChaXa
O vindeiro 1 de agosto, sábado, nunha carpa que se instalará na Área Recreativa da Veiga, celebrarán a xornada Pasado, Presente e Futuro da Enerxía Eólica.
Captura de pantalla 2020 07 27 a las 12.58.50
28 Xul 2020

O vindeiro 1 de agosto, sábado, nunha carpa que se instalará na Área Recreativa da Veiga, celebrarán a xornada Pasado, Presente e Futuro da Enerxía Eólica. Darase información a respecto de posibles e futuros novos parques tamén na contorna.

Dende as 17:00 da tarde estarán para abordar tan importante tema para os veciños e veciñas de Muras dous expertos do Observatorio Eólico de Galicia, pertencente á Universidade de Vigo, Xavier Simón e María Montero; e un terceiro de Oviedo, Damián Copena. A xornada estará  moderada polo alcalde Manuel Requeijo.

Farase baixo unha carpa con aforo para 30 persoas.

0.14463901519775