Órrea acolle unha xornada micolóxica este domingo

TerraChaXa | AMariñaXa
A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea celebrará este domingo, 22 de outubro, unha xornada micolóxica que dará comezo ás 10.
xornada micoloxica orrea portada
16 Out 2023

A Asociación de Veciños de Santa Comba da Órrea celebrará este domingo, 22 de outubro, unha xornada micolóxica que dará comezo ás 10.00 horas no local social da Escola da Órrea.

Primeiro impartirase unha sesión teórica que se completará, ás 11.30 horas, cunha saída á contorna para o estudo e a identificación de cogomelos na zona.

Rematará a xornada cuns petiscos para os asistentes.

As persoas interesadas en participar deberán inscribirse antes do xoves 19 no teléfono 686 107 847 e no correo asociaciorrea@gmail.com.

A formación estará a cargo da Sociedade Micolóxica Lucus.

xornada micoloxica orrea
0.1725070476532