Os adultos poden participar tamén no concurso de audiopoemas de Rábade

TerraChaXa
O Concello de Rábade continúa ampliando a participación no concurso de audiopoemas organizado con motivo das Letras Galegas.
Captura de pantalla 2020 04 08 a las 12.30.15
19 Maio 2020

O Concello de Rábade continúa ampliando a participación no concurso de audiopoemas organizado con motivo das Letras Galegas.

Este ano e debido as circuntancias que están a acontecer, cambiaron o formato do tradicional concurso que se organiza por estas datas por un máis dinámico.

Trátase de compoñer un poema e envialo mediante audios. Os participantes deberá elaborar un poema en galego de tema libre cun mínimo de 6 versos, con ou sen rima.

Os audios deberán enviarse por WhatsApp ao teléfono: 650 600 002 con dous audios diferentes. O Primeiro co nome artístico e o poema e o segundo cos datos persoais (nome, apelidos, idade e teléfono).

A nova ampliación é engadir unha nova categoría ás tres que había. Así, ademais das de 5 a 8 anos, de 9 a 11 anos e de 12 a 16 anos, agora creáse unha nova cos maiores de 16 anos.

Haberá premios para as tres categorías con vales de 60, 40 e 30 euros para canxear no comercio de Rábade.

A nova data límite para o envío é o venres 22 de maio ás 20:00 horas e o¡s premiados daranse a coñecer o 28 de maio nas redes sociais e web do concello.

Para calquera dúbida ou aclaración, os interesados poden enviar un correo a asociocultural@rabade.org. Cos audios participantes farase o Poemario Rabadense 2020.

CARTEL LETRAS GALEGAS.cdr
0.17698097229004