Os afectados polo cambio de trazado da LU-540 teñen unha reunión do día 4 en Muras
O salón de plenos do concello de Muras acollerá o día 4 de xuño unha reunión aberta á veciñanza afectada polo cambio de trazado da LU-540 entre Viveiro e Cabreios.
Segundo o proxecto, nesta obra engadirase un ramal de entrada dende a LU-540 a Ourol en sentido Cabreiros-Viveiro, e incluiranse na Gañidoira peche perimetral e pasos canadenses para animais.
A relación de titulares dos terreos cos bens e dereitos afectados e os planos parcelarios están expostos nos concellos de Xermade, Viviero Ourol e Muras así como no Servizo da Axencia Galega de Infraestruturas Lugo.
Na reunión do 4 de xuño, que será entre as 9.00 e as 12.30 horas, tratase do levantamento de actas previas á ocupación e dunha formalización de actas de ocupación dos bens e dereitos afectos polo proxecto.