Os alumnos de Foz que fixeron un Erasmus+ en Turquía elaboraron un menú degustación

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
9 Xan 2020

Os dous alumnos do IES de Foz que fixeron prácticas na cociña dun hotel de 5 estrelas de Turquía, cunha beca Erasmus+, elaboraron un menú degustación con gastronomía dese país no seu centro educativo focense. Son Andrés Ramos e David Delgado, alumnos do Ciclo Medio de Cociña que desde setembro a decembro de 2019 fixeron prácticas na cociña do hotel de 5 estrelas Side Orange Palace, en Antalya, unha rexión moi turística que recibe numerosos visitantes alemáns e rusos. Esta mobilidade estivo enmarcada dentro da modalidade Erasmus Pro do programa KA102 FAE, concedido ao IES de Foz en xuño do ano pasado. As bolsas Erasmus Pro, para alumnos de FP, son de longa duración, máis de 90 días, e están subvencionadas.

Durante os primeiros días en Turquía os dous alumnos estiveron acompañados pola coordinadora Erasmus do IES de Foz, a profesora Leticia Maseda, quen, dentro dunha Bolsa Erasmus de acompañamento, axudou aos alumnos a instalarse no país en colaboración co centro turco de hostalaría Sule Muzaffer Buyuk Mesleki ve Teknik Anadolu Lisesi, de Manavgat, socio Erasmus do IES de Foz, que titorizou aos alumnos en Turquía o resto da estancia.

O menú degustación que David Delgado e Andrés Ramos elaboraron hoxe no IES de Foz estivo composto por estas preparacións: cigkofte (albóndega vexetal con pasta de cous cous), esme (salsa de iogur), dolma (pemento recheo de arroz con especiais), ekmek (pan de iogur), kebab de espadas (carne con especias) e sopa tarhana (sopa de cebola, pasta de tomate, lentella vermella e menta).

0.19545912742615