Os amigos das viaxes de Foz preparan un programa de viaxes internacionais
A Asociación de amigos das viaxes de Foz organiza para este 2019 unha variedade de viaxes a outros países e ata continentes. Este ano sobe o listón e presentaron un ambicioso programa que inclúe tres viaxes internacionais.
Para a primeira quincena de xullo teñen previsto unha viaxe a Xapón, e do 24 ao 31 do mesmo mes farán unha viaxe por Bulgaria, Albania e Macedonia, e en setembro terá lugar un cruceiro por Atenas, Patmos, Limassol, Haifa e Xerusalén.
Para informar a todos os interesados, sexan da Mariña ou doutros lugares, a directiva convocou unha reunión aberta a todo o público que se celebrou na Casa da Cultura de Foz, segundo confirmou Jaime Cancio, responsable do colectivo, que asegura que elixen os destinos en base ás suxestións que inclúen os viaxeiros nas enquisas que realizan.