Os Aturuxeiros de Bravos preparan a III Xuntanza de Coches Clásicos
Os Aturuxeiros de Bravos en colaboración co Concello de Ourol organizan a III Xuntanza de Coches Clásicos o 11 de abril.
A reunión terá lugar no Salón Multiusos de Ourol ás 10.00 horas coa recepción de coches.
Ás 11.30 será o paseo turístico que rematará ás 13.00 coa sesión Vermut a Cargo de Verónica Cambón.
Xa ao mediodía, haberá un xantar servido por Seiramar Eventos, que ten un prezo de 20 euros socios e 25 os que non o sexan.
Pola tarde os xogos e competicións colleran as rendas da festa, para despois desfutar dunha gran pancetada ás 20.00 horas que terá un prezo de 5 euros por ración.
Tamén contarán co sorteo e a entrega de premios ao coche máis antigo, máis lonxano, mellor restaurado, a moto máis lonxana e a máis antiga.
Para máis información será necesario chamar aos teléfonos 689 229 951 e 605 088 719.