Os Biciclistas Galegos organizan a IV ruta solidaria en familia
TerraChaXa
Os Biciclistas Galegos organizan a IV ruta solidaria en familia para o sábado 28 de setembro.
23 sep 2019
Os Biciclistas Galegos organizan a IV ruta solidaria en familia para o sábado 28 de setembro.
Así, o percorrido será duns 16 quilómetros de distancia e está adaptado para todos os públicos.
Terá saída desde Vilalba ás 9.30 horas coa recollida de dorsais, e pasará preto da charca do Alligal para voltar ao centro urbano da vila.
Desde a organización recordan que é necesario o uso de casco e que haberá que inscribirse para participar e que pode facerse mediante email a contactobiciclistas@gmail.com ou por whatsapp no 644 830 835.
É unha actividade de balde e contarán cun caixón para depositar os donativos voluntarios para a campaña de promoción do éxito escolar que Cruz Vermella desenvolve para os nenos en risco de exclusión social.