Os Bolechas chegan a Vilalba co espectáculo ‘A muller orquestra’ dentro do programa FalaRedes

O Concello de Vilalba anunciou unha nova proposta de lecer familiar para este domingo 16 de novembro. Trátase do espectáculo infantil A muller orquestra, protagonizado polos coñecidos personaxes d’Os Bolechas, que chega á localidade dentro do programa de dinamización lingüística FalaRedes.
A actividade foi presentada polas concelleiras María Xosé Fernández e Mónica González, xunto co vicealcalde Modesto Renda, quen destacaron que se trata dunha iniciativa pensada para gozar en familia e fomentar o uso da lingua galega a través da cultura e do entretemento.
A representación terá lugar no Auditorio Municipal de Vilalba ás 13.00 horas e a entrada será de balde ata completar aforo.