Os Bolechas e a súa campaña 'O que se enchufa recíclase' estarán presentes en Castro

TerraChaXa
Estes días está en marcha a campaña para sensibilizar á comunidade infantil na necesidade de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), e con este fin visitaranse cinco centros educativos lugueses ao longo desta semana.
1
10 Xan 2019

Estes días está en marcha a campaña para sensibilizar á comunidade infantil na necesidade de reciclar os aparellos eléctricos e electrónicos (RAEE), e con este fin visitaranse cinco centros educativos lugueses ao longo desta semana.

A campaña xeral chámase O que se enchufa recíclase, é busca sensibilizar aos máis cativos na necesidade de realizar un tratamento axeitado deste tipo de residuos. O punto de partida nesta ocasión será o mercado de Lourenzá o próximo día 9 de xaneiro e o día 13 de xaneiro, a campaña estará presente na carreira popular de Castro de Rei. A actividade desenvolverase no CEIP San Xoán de Becerreá e no CEIP Plurilingüe de Monterroso o día 8 de xaneiro, no CPI Ramón Piñeiro de Láncara o día 9 de xaneiro, e finalmente, no CEIP Virxe do Carme de Burela e no CPR Pluringüe Martínez Otero de Foz o día 10 día de xaneiro.

A campaña traslada dunha maneira amena e moi didáctica a través das personaxes dos Bolechas, pautas e coñecementos para o correcto tratamentos dos residuos. Os nenos converteranse, a través do xogo e do material específico desta campaña, nos maiores defensores do planeta, é dicir, fomarán parte da Real Orde do Movemento RAEE dos Bolechas, unha comunidade á que pertencer supón cumprir un decálogo con comportamentos e actitudes colectivas e individuais que deben poñerse en práctica no fogar e centro de ensino.

Seprarar con xeito nas principais feiras e mercados

Por outra banda, pero tamén no ámbito do fomento da reciclaxe, hai previsto levar a tres eventos lucenses o stand da campaña separar con xeito, que se organiza en colaboración con Ecoembes.

Nesta ocasión a iniciativa nace co fin de fomentar prácticas responsables en torno á reciclaxe de plásticos, envases lixeiros, papel e cartón e sobre o xeito máis axeitado para facer unha correcta separación dos residuos.

Tamén se ten habilitado unha páxina web (separarconxeito.gal) na que se pode consultar o calendario no que se recollen todos os eventos nos que terán lugar esta acción e a súa ubicación, así como consellos para reciclar.

0.24990797042847