Os Bolechas estarán en Abadín para despedir o ano

Abadín contará como o ano pasado coa actuación dos Bolechas dentro do seu programa de Nadal, que presentan o seu espectáculo As lambetadas de Nadal. Será na Casa do Concello o sábado 27 de decembro, ás 12.00 horas.
Será unha aventura saborosa, trepidante e chea de humor que fará as delicias dos máis pequenos da casa. Un plan perfecto para vivir o espírito do Nadal en familia. A sesión está organizada dentro do Programa de Dinamización Lingüística da Xunta de Galicia.
Pero o prato forte da programación de Nadal será a visita dos Reis Magos. A primeira parada da comitiva será no centro de día, onde visitarán aos maiores, aos que entregarán un agasallo, como fan todos os anos.
Unha vez rematada esta visita, sobre as 16.30, achegaranse ata o Concello para facer a recepción oficial de todos os pequenos, aos que entregarán o seu agasallo e tamén recollerán peticións para entregar durante a noite nos fogares.
A cabalgata é xa unha tradición en Abadín, xa que todos os pequenos empadroados reciben una agasallo nesta tarde tan especial.