Os Bolechas presentan este mes en Abadín o seu espectáculo 'A muller orquestra'

O grupo Os Bolechas presenta en Abadín o seu espectáculo A muller orquestra, unha proposta musical e familiar enmarcada no programa de dinamización lingüística FalaRedes, impulsado pola Xunta de Galicia.
A actuación terá lugar o sábado 15 de novembro ás 12:30 horas no salón de actos da Casa do Concello de Abadín. Esta actividade está dirixida ao público infantil e ás familias, ofrecendo unha divertida posta en escena na que a música e o humor se combinan para fomentar o uso do galego dun xeito lúdico e participativo.
“A muller orquestra” promete unha mañá chea de ritmo e diversión, coa creatividade e simpatía que caracterizan aos populares personaxes creados por Pepe Carreiro.