Os bureleses prepáranse para votar dúas veces nunha semana

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
11 Oct 2019

O próximo mes de novembro será en Burela moi intenso. Os veciños votarán primeiro nos comicios estatais do 10-N e apenas unha semana despois, día 17, volverán votar por segunda vez nunha mesa electoral, a do IES Perdouro, que se tivo que anular por un erro no reconto. A situación obriga ao alcalde, o socialista Alfredo Llano, a estar en funcións ata que se repita a votación no devandito colexio ao que están chamados a exercer este dereito 630 electores.

O Consello de Ministros aprobara un Real Decreto polo que se convocan eleccións locais parciais en 35 municipios nos que non se presentou ningún candidato para os comicios do 26 do maio pasado e en outros tres con mesas cuxo escrutinio foi anulado por irregularidades.

O que acontece en Burela acontece tamén en La Granja de la Costera (Valencia) e en Cordobilla de Lácara (Badajoz).

A lei electoral ordea que sean as mesmas persoas as que conformen a mesa electoral do Perdouro para repetir os comicios, sen campaña electoral. As hipóteses máis baraxadas sobre o que poda acontecer tralos comicios no Perdouro son que o PSOE consiga a maioría absoluta cun sexto concelleiro ou que o BNG gañe en votos, segundo as fontes consultadas.

PRIMEIRO PLENO. Así as cousas, o primeiro pleno ordinario, que será o de organización, en Burela, prevese para o mes de decembro. Esta circunstancia e a da data de investidura obrigará a prorrogar cuestións importantes na vida municipal, coma a da aprobación dos orzamentos, pero coa salvedade de que na localidade burelesa, segundo afirma o rexedor socialista, atravésase un momento óptico economicamente. O alcalde asegura que así o ten calificado o propio interventor municipal.

O Concello de Burela carece de débedas, segundo afirma o alcalde, e asemade cumpre cos mecanismos de estabilidade orzamentaria.

O ente municipal está a pagar as facturas aos proveedores en 12 días e móvese nun montante económico anual de entre 7 e 8 millóns de euros.

Deste orzamento, o rexedor destaca que adoita haber unha partido moi significativa para inversións directas, o que segundo clarexa permite facer obras e xerar emprego.

PLAN ÚNICO. Burela, como outros concellos da contorna, xa ten previsto en que invertirá os fondos do Plan Único provincial, nomeadamente na mellora das canalizacións e doutros servizos, en iluminación e en traballar aspectos como aos da mobilidade, principalmente a retirada de barreiras arquitectónicas.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17750906944275