Os camioneiros bloquean o acceso á central térmica das Pontes
Os camioneiros encargados do transporte de carbón para a central térmica de Endesa nas Pontes retomaron as súas protestas bloqueando a media tarde de onte, os dous accesos a este complexo enerxético.
Así, colocaron o seu vehículos máis voluminosos de maneira que tanto o acceso como a saída á central é moi complicada para un turismo e imposible para outro camión.
Dita medida de protesta tomárona, segundo o colectivo transportista “porque estamos fartos e cansos de promesas incumpridas, onde o único que pedimos é unha transición xusta para todos”, ao estimar que eles tamén son un dos colectivos prexudicados polo cesamento da actividade.
Ademais, ameazan con non levantar este bloqueo ata que se lles ofreza unha solución xa que consideran que non se cumpriu nada do acordado ata o de agora.
AUXILIARES
Por outra banda, os traballadores das empresas auxiliares continúa co seu encerro durante a noite nas instalacións da térmica como medida de protesta polo peche da central.
Así, grupos de entre 6 e 8 traballadores continúa co seu encerro, que xa vai para dous meses que ten como obxecto esixirlle á empresa que se sente a negociar e lles ofreza garantías de emprego e un plan de futuro.