Os circuítos teatrais promovidos pola Deputación comezarán no verán

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Deputación de Lugo traballa na definición dos circuítos de teatro afeccionado e profesional para comezar coas actuacións  de cara ao verán. Así, confirmouse que se volverá crear un catálogo de obras e grupos para ofrecer as súas actuacións a concellos e asociacións. 
Hotel Desencanto de Hipocrita T 2
16 May 2021

A Deputación de Lugo traballa na definición dos circuítos de teatro afeccionado e profesional para comezar coas actuacións  de cara ao verán. Así, confirmouse que se volverá crear un catálogo de obras e grupos para ofrecer as súas actuacións a concellos e asociacións. 

Programaránse preto de cen actuacións de grupos afeccionados e profesionais cun investimento de 100.000 euros, “uns recursos que ademais de contribuír directamente á dinamización cultural das comarcas e concellos son un incentivo para a formación e a compra de equipamento técnico por parte dos grupos teatrais”, din dende a Deputación.

Aposta pola cultura segura

No ano 2020,  a Deputación de Lugo promoveu a través dos circuítos de teatro afeccionado e profesional un cento de actuacións nas distintas comarcas, coa colaboración de concellos e asociacións. Os ciclos incluíron obras de 15 grupos afeccionados e 9 compañías profesionais, contribuíndo a manter a súa actividade nos meses con maior incertidume pola situación sanitaria. 

O ano pasado demostrouse, conxuntamente, que a cultura é segura, aplicando en cada momento as medidas de prevención indicadas polas autoridades sanitarias,  cun esforzo tamén por parte das entidades programadoras, asociacións e concellos, e do público.

0.12374591827393