Os coches e vespas clásicos visitarán o domingo A Pastoriza, onde farán una exposición

TerraChaXa
Debido a este evento, estarán cortadas as dúas rúas que bordean a plaza de Bretoña dende as 13:30 ata ás 17:00 horas
exposicion-coches-clasicos
4 Oct 2025

A Pastoriza acollerá este domingo, 5 de outubro, como todos os anos, a visita da caravana de coches clásicos e vespas da concentración Vespafaba que se celebra en Lourenzá con motivo da Festa da Faba.

Participarán os vehículos anteriores a 1994. Está prevista a recepción ás 10.00 horas na rúa Fernández do Riego de Lourenzá e despois farán a ruta ata a Pastoriza, a partir das 13.30 horas, para rematar ás 16.30 horas na praza de Bretoña e xantar no hotel Casa da Luz.

Despois de xantar farán a ruta de regreso a Lourenzá e ás 17.00 horas terá lugar a entrega de premios e sorteos.

Debido a este evento, estarán cortadas as dúas rúas que bordean a plaza de Bretoña dende as 13:30 ata ás 17:00 horas.

⚙ Configurar cookies
0.064754009246826