Os coches e vespas clásicos visitarán o domingo A Pastoriza, onde farán una exposición

TerraChaXa
A concentración é parte do programa vinculado á Festa da Faba de Lourenzá
coches-clasicos-e-vespas
5 Out 2024

A Pastoriza acollerá este domingo, 6 de outubro, a visita da caravana de coches clásicos e vespas da concentración Vespafaba que se celebra en Lourenzá con motivo ada Fesa da Faba.

Participarán os vehículos anteriores a 1994. Está prevista a recepción ás 10.00 horas na rúa Fernández do Riego de Lourenzá e despois farán a ruta ata a Pastoriza, a partir das 13.30 horas, para rematar ás 14.30 horas na praza de Bretoña e xantar no hotel Casa da Luz.

Despois de xantar farán a ruta de regreso a Lourenzá e ás 17.00 horas terá lugar a entrega de premios e sorteos.

0.083255052566528