Os comerciantes da rúa Basanta Silva de Vilalba están convocados a unha reunión

TerraChaXa
O Concello quere consensuar con eles os horarios de carga e descarga
rua-basanta-silva-vilalba
6 Jul 2025

O primeiro tenente de alcalde de Vilalba, Modesto Renda, e a concelleira de Comercio, María Xosé Fernández, convocan aos comerciantes e hostaleiros da rúa Basanta Silva a unha reunión este luns 7 de xullo ás 20:30 horas na Casa da Cultura de Vilalba.

O obxectivo deste encontro é consensuar cos negocios os horarios do servizo de carga e descarga de mercadorías ante a próxima peonalización desta rúa.

Dende o Concello recalcan a importancia da participación de todos os establecementos afectados para establecer uns horarios que permitan compatibilizar a actividade comercial coas novas dinámicas de mobilidade e desfrute do espazo público no centro da vila.

⚙ Configurar cookies
0.16055011749268