Os comuneiros de Lousada elixirán directiva o día 6
A asamblea de comuneiros de Lousada está convocada para elixir xunta directiva o domingo 6 de maio ás 11.30 hoas. A xestora deste colectivo fai o seguinte informe asinado por Alfonso Fernández Pena¨
Ó final vai a converterse, como afirmaba o cesado presidente da comunidade do monte veciñal en man común de Lousada, Roberto García Pernas, en “unha cuestión política”, como tildaba o seu cese como presidente. Pero será por a súa propia iniciativa.
Vén de convocar a asemblea de comuneiros na que se elixirá xunta directiva para o próximo domingo 6 de maio ás 11:30 horas.
As actuacións que está a facer nestes días para recuperar o posto do que foi cesado pola maioría dos comuneiros e coa presencia da práctica totalidade deles, está tomando un cariz “político” con prácticas rechazables e intereses oscuros. Parece que algo tén que ocultar para que non se poda facer unha renovación sana e participativa.
Para empezar fai unha convocatoria na que, pese a estar cesado, decide persoal e previamente a forma en que se vai a realizar a elección da nova xunta directiva. Cando resulta que en mais de trinta anos de votacións, na comunidade de montes en man común de Lousada, sempre foron realizadas a man alzada, por imposición do cesado presidente e do anterior, pertencente ó clan familiar, que formaba a directiva desde antigo, parece que agora non resulta favorable para os seus intereses pois como ordena na convocatoria “será secreta y en urna” precisamente cando foi cesado como presidente e nunha asemblea na que se votou coa maioría dos comuneiros que as votacións foran a man alzada. Cambia as normas unilateralmente cando xa non é presidente. A asemblea será a que decida como se toman as decisións.
Nestes días está a percorrer a parroquia, “casa a casa”, ofrecendo favores coa clara finalidade de facer mudar o sentido do voto, con un estilo caciquil, facendo e prometendo traballos que, para maior gravidade, financiados con fondos do Concello de Xermade, nun claro exercicio de prevaricación.
Segue a facer movementos de material de fresado de estradas para acondicionar espazos privados como “regalo de bon xestor”, ofrecendo traballo para particulares e empresas a través do concello, ofertando postos na xunta directiva, que pretende presidir cando acaba de ser cesado, nunha evidente falta de escrúpulos.
Os gastos os que someteu á comunidade, en Lousada, e tamén ó concello, en época recente, especialmente en material para camiños, dan unha clara mostra da súa forma de actuar e da necesidade de un cambio de aires na dirección da comunidade de montes en man común de Lousada.
Denunciamos as prácticas que está a realizar incitando e presionando ós veciños da súa parroquia para tentar de manter o seu poder.