Os concellos da comarca solidarízanse con Valencia con diferentes campañas de recollida de axuda

TerraChaXa
Os organismos locais, así como asociacións recollen alimentos non perecedeiros, artículos de hixiene e, nalgúns casos, roupa
todos-con-valencia
2 Nov 2024

Seguindo a liña de colaboración e solidariedade aberta en Galicia, a práctica totalidade dos concellos da comarca, así como colectivos sen ánimo de lucro, veñen de iniciar diferentes campañas de recollida de alimentos básicos non perecedeiros como auga, leite, pan de molde, latas de conservas, embutido en barra que non necesite frío... e artículos de hixiene persoal e doméstica, como cueiros e compresas. Nalgúns casos tamén se está a recoller roupa.

En cada concello o sistema de recollida é diferente polo que o recomendable e informarse en cada un de como proceder.

A Generalitat Valenciana creou tamén unha conta solidaria para apoiar aos afectados pola DANA. Poden realizarse doazóns na conta ES94 0081 0693 6100 0242 3445.

0.081730842590332