Os concellos festexan a Santiago con numerosas patronais

TerraChaXa
Esta fin de semana, que se xunta co luns festivo, é aproveitado para celebrar moitas festas patronais en parroquias dos concellos da comarca.
festas fogos artificio patronais
22 Jul 2022

Esta fin de semana, que se xunta co luns festivo, é aproveitado para celebrar moitas festas patronais en parroquias dos concellos da comarca chairega. As Pontes continúa co seu programa de festas, nesta ocasión coa Xira, que dan comezo mañá sábado, unha vez que finalizan as do Carme.

ABADÍN

Moncelos arranca o domingo a celebración festiva coa misa, procesión e sesión vermú tradicional, da que se ocupará Trebol, que volverá actuar pola noite xunto ao grupo Montreal.

O luns tamén haberá música por parte de Los Españoles pola mañá e tamén pola noite xunto ao dúo Pedriñas. A misa será ás 13.00 horas, como o sábado.

A PASTORIZA

No Concello da Pastoriza, a parroquia de Reigosa honra tamén a Santaigo Apóstolo cun programa de festas que comeza o sábado, día no que a verbena contará con King Africa, que estará acompañado de Zeltia, que tamén fará a sesión vermú.

O domingo haberá misa solemne ás 13.30 horas con procesión e sesión matinal co dúo Explosión. Pola noite será a vez da verbena co grupo La Resistencia, de Palencia, e Beatriz, de Asturias.

O día de Santiago a festa contará con sesión musical de mañá e noite e tamén con misa a partir das 13.30 horas.

BEGONTE

En Illán as celebracións polo Santiago darán comezo o sábado a partir das 21.30 horas cunha churrascada que estará amenizada polo grupo Venus.

O domingo a orquestra Salsarena encargarase de amenizar a sesión vermú e a verbena dando paso a un luns no que destaca a actuación en dobrete de Punto Clave. A partir das 18.00 horas terán lugar actividades deportivas e recreativas.

O oficio relixioso serán ás 13.30 horas o domingo e o luns.

COSPEITO

Toca festa tamén en Xustás, con misa matinal e sesión vermú con Lecer o domingo. Repetirá este grupo pola noite xunto a Pasito Show. O luns tamén haberá servizo relixioso e destaca a actuación de Los Supremos.

OUTEIRO DE REI

Sobrada tamén celebra as festas na honra a Santa María Magdalena. O sábado haberá misa solemne ás 13.30 horas e sesión vermú e verbena con Acordes. Pola noite tamén actuará Judith Cundíns.

O domingo, despois da misa, ás 13.30 horas, será a vez do dúo Elixir en sesión vermú.

Tamén está de festas Gaioso. O domingo estará dedicado a Santa Ana, con misa ás 13.00 horas e sesión vermú e verbena con Alianza.

O luns será a vez de Santiago. Repitirán programación pero será a orquestra Galaxia a que se ocupe do apartado musical.

POL

A parroquia de Silva terá dous días de celebración na honra a Santiago. O domingo contará na verbena con Kalima 3.0, que tamén tocará despois da misa da mañá, e Ritmo Joven.

O luns 25 sera Zeltia a que se encargue da sesión vermú que porá punto final ás festas.

Os oficios relixiosos serán os dous días ás 13.30 horas.

VILALBA

Sancovade tamén contará con festas esta fin de semana. O sábado a música estará ao cargo do grupo Lecer en dobre sesión que, pola noite estará reforazada por La Resistencia.

O domingo será a orquestra Principal a encargada de facer dobrete. Pola noite a atracción musical de King África e Fabrick Discoteca completarán a programación.

Nas dúas xornadas haberá misa ás 13.30 horas.

Goiriz celebra esta fin de semana as súas patronais polo que trala xornada dedicada aos vehículos clásicos terá lugar o domingo unha nova xornada coa actuación da orquestra Estrellamar en sesión vermú e verbena, nesta última xunto a Player’s.

O luns, día de Santiago, a verbena e a sesión vermú estarán ao cargo de Salsa Arena.

Haberá misa os tres días. O sábado e o luns ás 13.30 horas e o domingo media hopra antes. Na dúas últimas xornadas tamén se fará procesión.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.1317880153656