Os concursos de debuxo e caligramas de Pino xa teñen gañadores

TerraChaXa
O xurado do II Certame de Caligramas Constanza de Castro, e do II Certame de Debuxo Infantil A túa Caldaloba, xa ten gañadores.
concursos portada caldaloba
15 Oct 2022

O xurado do II Certame de Caligramas Constanza de Castro, así como do II Certame de Debuxo Infantil A túa Caldaloba, vén de determinar aos gañadores en ambos certames.

Así, no de caligramas o primeiro premio foi para Galego é o baile, o baile Galego, de Leire Álvarez Goris (de Vilagarcía de Arousa). O segundo foi para Nós, de Suso Díaz (Mérida, Badajoz).

Ademais, no II Certame de Debuxo Infantil A túa Caldaloba, o primeiro posto foi para Ao carón do lume, de Aiala Díaz Castro (de Pino, Cospeito), seguida de O mundo cando era Caldaloba, de Duarte Mariño Torrado (de Porto do Son, A Coruña).

A entrega de premios realizarase o próximo sábado día 22 ao carón da Torre do Caldaloba, durante a celebración do II Magosto Cal da Loba.

0.16272592544556