Os delegados das empresas auxiliares de Alcoa crean unha plataforma de traballadores
Os delegados das empresas auxiliares de Alcoa San Cibrao veñen de anunciar a creación dunha plataforma coordinadora de traballadores auxiliares.
Dita plataforma nace ante os difíciles retos que a factoría de San Cibrao atravesa, creando a necesidade de dar voz ao milleiro de obreiros que traballan directamente para Alcoa en empresas auxiliares.
Os seus problemas, como traballadores de auxiliares, poden distar dos problemas da plantilla da empresa principal, e a súa organización é unha cuestión de supervivencia. A súa voz debe ser escoitada, porque o posto de traballo tamén depende o 100% da factoría de San Cibrao.
Veñen de constituír nunha xuntanza realizada no dia no salón de actos do edificio dos sindicatos en Viveiro, cunha asistencia de 30 delegados das empresas Reymogasa,Cotelsa, Cyrgasa, Terpil, Jofrasa, Noguera, Industrias Xove, Pasek, Garmil, Maesa e Isotrón. Cunha masa social representada duns 650 traballadores.
Por votación unánime acordouse a creación da citada, así como a representación que cada sindicato terá na mesma, a cal estará constituída por 9 membros, 3 en representación de cada sindicato (CIG-CCOO-UGT), os 9 membros reuniranse o vindeiro luns 30/12/19 e botarán a andar a plataforma coordinadora.