Os dous equipos sénior do Vilalba FS progresan nos play off

TerraChaXa
O masculino superou a primeira rolda de eliminatorias do ascenso a Segunda División Nacional e o feminino clasificouse matematicamente para a promoción a Primeira
visita-benavente-fs-vilalba
19 May 2025

O Grupo Forma-T Vilalba FS segue dando satisfaccións aos seus afeccionados. Esta fin de semana os dous equipos sénior trouxeron boas novas de cara aos play off. O masculino superou a primeira rolda de eliminatorias do ascenso a Segunda División Nacional logo de empatar en Benavente 2-2.

O equipo de Kini xa tiña un 7-4 da vantaxe do partido de ida, polo que o empate foi suficiente para pasar á seguinte fase, que tamén se fará en partido de ida e volta. Tócalle agora xogar co Vulcanizados Ruiz Tafa en Vilalba a próxima fin de semana.

Pola súa banda, o feminino logrou esta fin de semana clasificarse matematicamente para disputar os play off de ascenso a Primeira División. O equipo venceu 2-0 ao Rodiles na penúltima xornada e queda así situado entre los catro primeiros, pase o que pase na última sesión.

Con este resultado, volven facer historia ao lograr loitar polo ascenso no primeiro ano na Segunda División.

⚙ Configurar cookies
0.16761088371277