Os empresarios de Muimenta renovan o convenio de colaboración con Abanca

TerraChaXa
Abanca e a Asociación de Empresarios de Muimenta veñen de renovar, un ano máis, un acordo de colaboración que busca primordialmente garantir o futuro das empresas desta localidade lucense.
convenio empesarios muimenta abanca
15 Nov 2023

Abanca e a Asociación de Empresarios de Muimenta veñen de renovar, un ano máis, un acordo de colaboración que busca primordialmente garantir o futuro das empresas desta localidade lucense. Con este obxectivo, a entidade financeira e a asociación empresarial acordaron un catálogo cheo de alternativas pensadas para os distintos negocios asociados e que pon o acento no acceso ao crédito, a dixitalización e nos servizos que facilitan o pago das compras.

O documento foi rubricado esta mañá polo coordinador Instuticional de Abanca en Lugo, Óscar Rodríguez, e a presidenta da Asociación de Empresarios de Muimenta, Dolores Darriba. Ambos os representantes aproveitaron o encontro para compartir impresións sobre o panorama económico dos últimos meses, profundamente marcado pola inflación e a subida de prezos, e para conversar sobre os novos retos e desafíos aos que se enfrontan as empresas.

Neste acordo establécense unha serie de alternativas de financiamento, con solucións crediticias para as necesidades reais deste colectivo, que permitirán aos empresarios e empresarias dispoñer de circulante para o día a día dos seus negocios ou para acometer investimentos de mellora ou ampliación dos mesmos. Con este fin, Abanca ofrece produtos con condicións melloradas respecto ao mercado, entre os que destacan préstamos ou leasing mobiliario, con amplos prazos de amortización e intereses moi competitivos. O convenio contempla ademais alternativas de financiamento oficial a través dos acordos que o banco mantén con diversos organismos públicos.

Os empresarios e empresarias de Muimenta poderán contratar igualmente pólizas de crédito, anticipos, liñas de desconto comercial ou avais, segundo as súas necesidades. Poderán ademais gozar das vantaxes do Programa Servizos Abanca, que permite deixar de pagar polo mantemento de contas ou tarxetas, transferencias, ingreso de cheques e outros servizos habituais. A entidade financeira presenta tamén unha ampla gama de dispositivos TPV, tanto físicos como virtuais, para que os negocios poidan xestionar as súas cobranzas de forma sinxela, áxil e segura.

Finalmente, co obxectivo de contribuír á transformación dixital das empresas, a oferta complétase con avanzados servizos de banca a distancia, con solucións como ‘Appúntame’, para a xestión de cobranzas fixas periódicas, así como axudas para levar os seus negocios a Internet.

0.16555190086365