Os empresarios de Muimenta volven convocar o Mercado de Nadal
A Xunta Directiva da Asociación de Empresarios de Muimenta, a cal engloba a gandeiros, profesionais e autónomos da Vila, sigue desenvolvendo actividades, en especial encaminadas a estas datas navideñas.
Moitos dos negocios que integran a Asociación de Empresarios de Muimenta participarán activamente na campaña Días Azuis entre os vindeiros 1 ao 20 de novembro e que leva a cabo a Federación Galega de Comercio.
Por outra banda, un ano máis, o Mercado de Nadal de Muimenta, que alcanza a súa XIV edición comenzará o vindeiro xoves 1 de decembro e rematará o xoves 5 de xaneiro do 2023 (en ambos días, celébrase a feira mensual da vila).
Partiparán un total de 28 negocios, repartíndose unhas 19.000 rifas entre os seus clientes.
Os premios serán 19 vales de cen euros cada un para aos donos das papeletas que coincida cos tres últimos números do primeiro premio da Lotería de Reis, que se celebrará o vindeiro venres 6 de xaneiro do 2023.
Os gañadores terán que informar antes de que remate o luns 16 de xaneiro, de que posúen a rifa gañadora. Non será válido todo o que aparezca despois dese día, así como se se gaste o valor do premio antes da entrega do pertinente vale.
Ditos vales deben ser consumidos, coma sempre, nos negocios pertencentes ao colectivo empresarial, nos trintas días posteriores a súa entrega.
Esta iniciativa xurdiu no ano 2009, como unha maneira de incentivar as compras de Nadal nos negocios da parroquia.
Hoxe máis ca nunca, o colectivo empresarial de Muimenta, quere animar a toda a xente a consumir nos negocios e locais da vila, "xa que esta situación que estamos a atravesar, fai precisar, máis que nunca a colaboración de todos, xa que, os nosos veciños e amigos precisan de nós, e nós deles."