Os focenses votan ata novembro polo rei e a raíña do Entroido
A elección da raíña ou rei do Entroido de Foz 2020 farase nun acto público, no que votarán os membros do xurado e o público asistente. O prazo de presentación de candidaturas está aberto ata o día 8 de novembro deste ano. Os requisitos son ter máis de 18 anos e estar empadroado no municipio focense.
No acto público que se convocará para elixir á raíña ou rei do Entroido de Foz farase a presentación dos candidatos e candidatas, que deberán realizar probas propostas polo xurado. A votación levarase a cabo por parte dun xurado, no 60 por cento, e polo público presente no acto, nun 40 por cento.
A data e o lugar do acto público para a elección están por determinar. Os interesados poden obter máis información no teléfono 982 140 027.
Da organización encárgase a asociación O Noso Foz, que conta coa colaboración da Delegación de Cultura do Concello focense.