Os gañadores do Premio Caldaloba presentan os seus libros

TerraChaXa
O Museo das Aves de Cospeito acolleu a presentación dos libros dos traballos gañadores do IV Certame de Poesía Torre de Caldaloba.
presentacio libros caldaloba cospeito
18 Dec 2022

O Museo das Aves de Cospeito acolleu este sábado a presentación dos libros que recollen os traballos gañadores do IV Certame de Poesía Torre de Caldaloba.

O primeiro premio correspondera a Andrea F. Maneiro, coa súa obra Contra-Tempos. O segundo fóra para Rafa Lobelle, coa súa obras Río Carne.

O acto contou coa participación dos dos galardoados así como do alcalde de Cospeito, Armando Castosa; os respresentantes do xurado, presidido por Martiño Maseda; a presidenta da asociación de San Martiño de Pino; e Santiago Martínez, como xerente da editorial Tristán.

As obras galardoadas abordan temas vitais como é a saúde mental no primeiro caso e o abandono do rural, no segundo.

Este acto englóbase dentro da programación de Nadal realizada polo Concello de Cospeito.

0.2011821269989