Os gandeiros sairán á rúa para reclamar unha suba do prezo do leite en orixe

TerraChaXa | RibeiraSacraXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
Unións Agrarias convoca unha manifestación o xoves 11 de novembro ás 11.30 horas na planta industrial de Lactalis situada en Vilalba.
protesta gandeiros lugo prezo lugo tractorada 12
10 Nov 2021

Unións Agrarias convoca unha manifestación o xoves 11 de novembro ás 11.30 horas na planta industrial de Lactalis situada no Camiño Sixto Primero de Vilalba.

Esta mobilización será para denunciar "a actitude intolerable desta empresa que están fomentando baixas nas cotizacións lácteas a pesar dos brutais custes de produción que están a sufrir as explotacións", din dende o colectivo.

Así mesmo, convocaron outra manifestación para o vindeiro martes 16 na planta de Larsa en Outeiro de Rei.

Segundo Félix Porto, secretario de Coordinación Sectorial e Área Externa de Unións Agrarias, "producir un litro de leite custa agora 2,63 céntimos máis que o ano pasado", este incremento débese a suba dos pensos e do combustible e o vindeiro ano sumaranse os dos plásticos e fertilizantes.

gandeiros tractorada Lugo protesta 4 noviembre1
0.18682098388672