Os Gin Tonic's serán o prato forte das festas de Baamonde
O Concello de Begonte en colaboración coa Xunta de Galicia trae ó Gin Toni's á localidade con motivo das festas patronais de Baamonde. Actuarán o sábado 7 de setembro na praza de Baamonde.
Os Gin Toni’s é unha banda divertida, apaixonada e elegante que cada noite consegue unha incrible conexión co público dos seus concertos.
Nesta actuación farán viaxar polas versións dos mellores temas do Pop Rock español, dende os 80 ata a actualidade (Seguridad Social, Rebeldes, Revolver, El Último de la Fila, Fito y Fitipaldis, Radio Futura, Loquillo, Los Rodríguez, Barricada, M-Clan, Los Refrescos, Los Secretos, La Unión, Joaquín Sabina, Siniestro Total, Rosendo, La Frontera, Coque Malla, Jarabe de Palo, Hombres G, Alaska, Miguel Bosé, Los Suaves, Tequila...).
Este será o concerto estrela das festas, que comezarán o venres 6 cunha liscada popular de balde ás 21.00 horas. Ademais haberá unha verbena a cargo de Los Coleguitas ademais da orquestra atracción Furia Joven.
O propio sábado será José Anido o que faga dobre sesión musical despois da misa, prevista para as 14.00 horas. Finalizará a noite con DJ.
Por outra banda, o domingo 8 chegará o final de festa na sesión vermú, que estará a cargo do orquestra La Bamba.