Os hospitais galegos chaman á doazón dos grupos A positivo e 0

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) chama a participar na doazón de sangue, en especial de A Positivo, 0 Positivo e 0 negativo.
sangue doazon reservas grupo sanguineo 2
22 Apr 2022

A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS) chama ás galegas e galegos a participar na doazón de sangue, en especial aos doantes A Positivo, 0 Positivo e 0 negativo. As reservas destes tres grupos sanguíneos presentan niveis baixos, polo que é preciso reforzar o permanente chamamento á participación nas campañas de doazón que realiza a Consellería de Sanidade por mediación de ADOS.

As xornadas festivas de Semana Santa afectaron aos niveis de reserva dos diferentes grupos sanguíneos, sendo preciso relanzar a constante solicitude á doazón de sangue. Polo que cómpre  lembrar que os centros sanitarios de Galicia necesitan entre 400 e 500 diarias para desenvolver de maneira eficaz as súas tarefas sanitarias.

En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. En períodos vacacionais pode baixar o número de doazóns, pero non acontece o mesmo coa demanda de sangue e os seus derivados que precisan os centros sanitarios. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de todos os cidadáns, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue.

Campaña universitaria

Nestes momentos, estase a desenvolver a segunda fase da campaña de doazón de sangue #reto 5000  nas tres universidades galegas, onde as unidades móbiles de ADOS percorren os campus das sete cidades, e na que a comunidade universitaria pode amosar a súa solidariedade e altruísmo neste intre.

Ademais, as distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán nestes días diferentes concellos galegos para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.

ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos desprazamentos das unidades móbiles e lembran que se pode doar todos os días no Hula en horario de luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas e martes, mércores e xoves das 8.00 ás 15.00 horas.

Doar é moi sinxelo e seguro

Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas. Ademais, sinalar que sempre están presentes as máis rigorosas medidas de seguridade.

Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as redes sociais, e o teléfono gratuíto de información 900 100 828, para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17225193977356