Os hostaleiros asociados a Acisa en Ribadeo benefícianse dunha ampliación horaria no verán

TerraChaXa | AMariñaXa
24 Xul 2019

A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos, Acisa, de Ribadeo comunicou aos seus asociados hostaleiros o calendario coas ampliacións horarias solicitadas á Xunta para xullo e agosto. Son prórrogas que contan co beneplácito do Concello. Tamén foron tramitadas as de setembro e outubro.
Segundo Acisa, só os establecementos asociados poderán abrir fóra do horario habitual. Nas madrugadas do 24 ao 28 de xullo, xa que o 25 é festivo autonómico, así como en tódalas madrugadas dos fines de semana do verán, de venres a sábado e de sábado a domingo, e tamén os días 14 e 18 de agosto, tendo en conta que o 15 é festivo nacional e o 16, festivo local, disporán dunha máis de apertura sobre o seu horario de licencia.
Segundo o artigo 2 da Orde do 16 de xuño de 2005, pola que se regulan os horarios de apertura e peche de Galicia, todos os establecementos desfrutan de media hora máis de xoves a domingo todo o ano e as vésperas de festivos sobre a súa hora de licencia.
E segundo o artigo 1 da mesma Orde, os horarios de peche segundo licencia para salas de festa, discotecas, salas de baile e tablaos flamencos fíxanse ás 5:30 horas; para café-teatro, café-concerto e café-cantante, ás 5:00 da mañá; para pubs e karaokes, as 4:00 horas; para cafeterías, as 3:00;  e para bares, cafés-bares e restaurantes, as 2:30 horas. Polo tanto, a media hora de xoves a domingo e de vésperas de festivo e festivos, así coma a ampliación dunha hora por ser membro de Acisa para as datas citadas anteriormente, ten que ser sumada ao horario da licencia correspondente.
A entidade cre que este é un bo momento para asociarse e poder beneficiarse precisamente destas aperturas.
 
 

0.17647886276245