Os independentes de Meira intégranse no PP
Os independentes de Meira que, nas pasadas municipais, concorreron ás urnas baixo as siglas de Galicia Sempre, pasan a integrarse na agrupación local do Partido Popular. Trátase “dunha noticia moi positiva”, segundo explica a presidenta provincial, Elena Candia, logo dunha xuntanza mantida, xunto ao coordinador xeral, José Manuel Balseiro, cos integrantes desa formación.
O paso dado polo concelleiro de Galicia Sempre, Enrique Castro, será a todos os efectos; é dicir, a integración será a nivel institucional en canto a que pasará a formar parte do Grupo Municipal do PP. O proceso tamén inclúe a afiliación á formación popular.
Deste xeito, Elena Candia dá a benvida a Enrique Castro, destacando que “seguimos ensanchando o Partido e recuperando persoas que, no seu día, xa formaban parte da familia do PP”. E é que esta integración, apunta a dirixente provincial, contribuirá a que o vindeiro ano “Meira recupere a sensatez que lle deu os gobernos do PP”.
Enrique Castro agradece a disposición da dirección provincial e promete “traballo e dedicación para rematar co desgoberno que temos na actualidade no noso pobo”. “Por responsabilidade política e por responsabilidade cos nosos veciños decidimos dar este paso”, manifesta.