Os 'Juepeos' animan as noites do xoves no Centro Comercial Histórico de Viveiro

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
15 Aug 2019

Tapear percorrendo a cidade e as súas rúas é un costume xa típico en Viveiro que se vén remontando máis aló dos anos 50. Na actualidade é un xeito máis de ocio para os vivarienses e os visitantes do que se pode desfrutar en calqueira barrio.

Desde o Centro Comercial Histórico de Viveiro veñen impulsando o denominado 'Juepeo', é dicir, ir os xoves de tapeo polo casco histórico. Tanto ao mediodía, como á noite, a xente acude a disfrutar de pequenos pratos nun entorno especial en metade da urbe.

Os establecementos sumados a esta iniciativa son principalmente o Restaurante O Muro, o Gastrobar Los Leones, Cornelius Taberna Gastronómica, Bar O Calviño, Restaurante Casa Pepi, Mesón O Recuncho, O Rincón do Tronco, Asador La Quinta, Gastrobar Hotel Urban, Arume Gastrobar e Mesón A Ría, que preparan tódolos xoves tapas por tan só 2 euros.

Ademáis tomando tres tapas pódese ir o cine de venres a domingo por tan só cinco euros. Tamén o público que vote acerca da tapa pode optar a 200 euros en premios cada mes. Os pratos de cada mes están expostos os luns no Facebook e Instagram do Centro Comercial Histórico.

0.14493203163147