Os lugares de Bestar e Ponte Vilar de Cospeito preparan as festas e o seu xantar veciñal

TerraChaXa
As celebracións festivas terá lugar os días 7 e 8 de setembro e o xantar o 29
festas-fogos-artificiais-celebracion
3 sep 2024

Os lugares de Bestar e Ponte Vilar no Concello de Cospeito preparan as súas festas e o seu xantar veciñal, que porá punto e final ás festas patronais na honra de Santa Lucía.

As celebracións festivas terá lugar os días 7 e 8 de setembro. O primeiro días haberá misa solemne ás 13.30. horas e sesión vermú con petiscos variados ao ritmo de Solymar. Esta mesa orquestra actuará na verbena xunto ao grupo Zafiro.

O domingo continuarán as celebracións cos pasarrúas a cargo do grupo de gaitas Os Valuros, antes da misa e a procesión. Para chegar as festas haberá unha sesión vermú prolongada ata as 16.00 horas a cargo de Os Adrianos, tamén con petiscos.

Así, a xornada veciñal, que será o 29 de setembro, comezará cunha misa solemne ás 13.30 e despois será o xantar que estará amenizado por unha actuación musical.

0.11624193191528