Os lugares de Bestar e Ponte Vilar de Cospeito preparan o seu xantar veciñal
TerraChaXa
Os lugares de Bestar e Ponte Vilar no Concello de Cospeito preparan o seu xantar veciñal para o día 29, que porá punto e final ás festas patronais na honra de Santa Lucía.
22 sep 2019
Os lugares de Bestar e Ponte Vilar no Concello de Cospeito preparan o seu xantar veciñal para o día 29, que porá punto e final ás festas patronais na honra de Santa Lucía.
Así, a xornada comezará cunha misa solemne ás 13.30 e despois será o xantar que estará amenizado por Verónica Cambón e no que poderán participar todos os veciños que o desexen previa comunicación.
Por outra banda, estes lugares estiveron de celebración a primeira fin de semana de setembro na que houbo misas, sesións vermú e grandes verbenas coas orquestras Palladium, Innovación e Galaxia. Ademais de contar coa Banda de gaitas para a procesión.