Os lugueses escollen a súa representación en Madrid

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O próximo domingo terán lugar as eleccións xerais para escoller os representantes do Congreso e o Senado para a próxima lexislatura.
Eleccions 2023 municipais votar urna votacion papeleta 4
16 Xul 2023

O próximo domingo terán lugar as eleccións xerais para escoller os representantes do Congreso e o Senado para a próxima lexislatura, votación da que sairá o próximo presidente do Goberno central.

O próximo domingo, 23 de xullo, os lugueses teremos que volver votar, nesta ocasión para escoller os deputados e senadores das dúas cámaras lexislativas e das que sairá tamén o novo Goberno central.

Serán un total de 37.466.432 votantes de todo o territorio os que poderán exercer o seu dereito democrático, 270.274 da provincia de Lugo. A estes súmanse os 69.000 lucenses que viven en 94 países e que tamén poderán votar nestas eleccións a través do voto por correo.

Arxentina segue a ser o país con maior número de votantes CERA, con 31.579 persoas que teñen dereito ao voto nas eleccións. A este séguenlle Cuba (15.358); Estados Unidos (2.821) e Uruguai (2.767). Suíza é o primeiro país europeo, con 2.758 votantes; Filipinas (29) é o primeiro país en votantes da provincia do continente asiático e Marrocos (11) o primeiro de África.

Como nos anteriores comicios, serán tamén máis de 400 persoas as que se encarguen de que todo saia ben na xornada electoral, na que se espera moita menos afluenza de persoas ás urnas se se atende ao elevado número de solicitudes do voto por correo.

O PROCESO ELECTORAL

O Consello de Ministros extraordinario do 29 de maio aprobou o real decreto de disolución das Cortes e de convocatoria de eleccións ao Congreso dos Deputados e o Senado, que se celebrarán o domingo. A campaña electoral dura 15 días, como nas locais e comezou o pasado día 7 de xullo rematado o venres próximo para deixar o sábado como xorna de reflesión. As Cámaras resultantes reuniranse, en sesións constitutivas, o 17 de agosto

Malia que o que se escolle nesta ocasión son os deputados e senadores realmente o resultado máis importante das elecciónes é o escoller ao próximo presidente do Goberno, cargo que ocupa agora mesmo Pedro Sánchez.

España é actualmente un país moi plural o que fixo que nas últimas citas electorais non houbese un gañador absoluto das eleccións, o que obrigou a pactar para establecer un Goberno de continuidade.

É o Congreso a cámara que marca realmente o futuro Goberno e para iso en cada provincia escóllense un mínimo de dous deputados, cantidade que logo se axusta en función da poboación. Así, Lugo escolle catro ata o total de 350 que ten actualmente a Cámara.

O sistema de listas é pechado, como as municipais, co cal o elector deberá votar por un partido, moi diferente ao caso do Senado. A votación realízase cunha papeleta de cor branca.

Para conseguir unha maioría hai que lograr ter 176 deputados, algo difícil. Actualmente a coalición de PSOE (120) e Podemos (35) avalou gobernou con  Pedro Sánchez á fronte, quen tivo que lograr os apoios de outros partidos de esquerda para acceder á presidencia.

O Partido Popular pola súa conta non logrou sumar con VOX e Ciudadanos, que se desplomou nos anteriores comicios, os escaños suficientes para formar goberno.

Nesta ocasión coa intención de voto repartida, volve estar a pelexa moi definida entre a esquerda (que lidera o PSOE) e a dereita (o PP). Lugo escolleu nos últimos comicios dous deputados do PSOE e os outros dous do PP. O BNG non tivo representación, situación que quere cambiarse este ano.

O SENADO

O Senado, a coñecida com Cámara Alta, que refrenda as leis ten un sistema electoral moi diferente.

O número de senadores non é fixo. Hai 208 senadores elixidos por sufraxio universal, libre, igual, directo e secreto da maneira correspondendo a cada provincia peninsular catro senadores.

Ademais, existe outro grupo de senadores elixidos polas asembleas lexislativas das comunidades autónomas: un por comunidade autónoma, e outro máis por cada millón de habitantes do seu respectivo territorio.

A diferenza do Congreso, no que se vota a un partido mediante listas pechadas, no Senado vótase á persoa, elixindo 3 candidatos, 2 ou 1 de entre os que figuren na papeleta única que recolle todos os candidatos de todas as formacións que se presentan á elección por cada circunscrición. Para distinguila esta é de cor sepia.

Actualmente hai tres senadores do PP e un dos PSOE que saíron das urnas e dos outros tres escollidos polo Parlamento autonómico, dous son populares tamén e un socialista.

OS CANDIDATOS

Para estes comicios presentáronse dez partidos políticos con candidatos ao Congreso e nove para o Senado. PP e PSOE son os que historicamente teñen máis presenza. O BNG, que sempre presentou candidatos, non obtivo representante en Lugo. Ademais preséntanse dúas listas con ampla presenza como son Sumar e Vox.

Os outros cinco son partidos de baixo perfil como Frente Obrero (que só presentou lita para o Congreso), Por un Mundo máis Xusto (PUM+J), Partido Comunista dos Traballadores de Galiza (PCTG), o Partido Animalista (PACMA) e Recortes Cero.

PSOE

Congreso:

  • José Ramón Gómez Besteiro.
  • Patricia Otero Rodríguez.
  • Eduardo Vidal Baamonde.
  • Gloria María Prada Rodríguez.

Senado: 

  • César Alejandro Mogo Zaro.
  • Marina Ramudo Graña
  • José Fernández Fernández.

PP

Congreso:

  • Francisco José Conde López.
  • Jaime Eduardo de Olano Vela.
  • María Cristina Abades Martínez.
  • María Mercedes Rodríguez Moreda

Senado: 

  • Jose Manuel Barreiro Fernández
  • María José Gómez Rodríguez
  • Juan Carlos Serrano López

BNG

Congreso:

  • Daniel Castro García.
  • María Cristina López Fernández.
  • Iago Suárez Fernández.
  • Mónica García Souto.

Senado: 

  • Rosa Ana Prieto Florines.
  • María Montserrat Porteiro Sánchez.
  • Ángel Gegunde Díaz.

VOX

Congreso:

  • Sonia María Teijeiro Pérez.
  • Jorge Juan Núñez Díaz.
  • Ana Belén Rego Sampedro.
  • Faustino Juan Yáñez López.

Senado: 

  • Noelia Rabanal González.
  • Rubén Rodríguez Río.
  • Rubén Graña Fernández.

SUMAR

Congreso:

  • José Antonio Rodríguez Añón.
  • Ximena Cheda Tuya.
  • Carla Varela Porto.
  • Orlando Gregorio Álvarez Álvarez.

Senado: 

  • Fernando Otero Bello.
  • María Ángeles Gayoso Fraga.
  • José Méndez Torres.

PACMA

Congreso:

  • Consuelo Pereiro Fernández.
  • Carles Pareja del Moral.
  • Nerea Veiga Iglesias.
  • Juan Carlos Domínguez Rodríguez.

Senado: 

  •  Alicia Beatriz Rodríguez Pérez.

FRENTE OBRERO

Congreso:

  • José Manuel Moreno del Pozo.
  • Nerea Otero Pérez.
  • Joel González Carneiro.
  • Laura López Moreno.

PUM+J

Congreso:

  • Josep María Valls Martí.
  • Miryam Aranzadi De Miguel.
  • María del Carmen Azanza Ilzarbe.
  • Rubén Leal García.

Senado: 

  • Fermín Escaray Lozano.

PCTG

Congreso:

  • Joel Varela Besteiro.
  • Laura Vázquez Martínez-Jáñez.
  • Yago Rodríguez Cacharrón.
  • Astur Lorenzo Jurado.

Senado: 

  • Andrés Castañón Rincón.

RECORTES CERO

Congreso:

  • Rosa Estefanía Pérez Fernández.
  • Aitor Aceiro Vales.
  • Sandra Abad Vila.
  • Jacobo Castro Castro.

Senado: 

  • Jesús Puga Fraga.
composicion congreso
francisco conde candidato pp congreso
GOMEZ BESTEIRO PRESENTACION CANDIDATURA PSOE CONGRESO E SENADO
0.2049708366394