Os maiores de 65 xa poden solicitar a tarxeta da Xunta para viaxar de balde

RibeiraSacraXa | TerraChaXa | LugoXa | SarriaXa | AMariñaXa
O delegado Territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo esta mañá un encontro na estación de autobuses de Viveiro para informar que os maiores de 65 anos xa poden viaxar desde esta semana de xeito gratuíto nas 3.
3 Jan 2024

O delegado Territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, mantivo esta mañá un encontro na estación de autobuses de Viveiro para informar que os maiores de 65 anos xa poden viaxar desde esta semana de xeito gratuíto nas 3.500 liñas do transporte público interurbano dependente da Xunta.

Arias explicou nesta xuntanza que os maiores que aínda non teñan a Tarxeta de Mobilidade de Galicia pódena solicitar a través de oficinas de Abanca presentando o seu documento de identidade e beneficiarse de ata 60 viaxes gratuítas ao mes. O custe das viaxes son reembolsados automaticamente cada 15 días, e cómpre contar cun saldo mínimo na tarxeta TMG para pagar o prezo de cada servizo, de maneira que se utilice de xeito responsable e sostible.

0.12923789024353