Os maiores de Abadín celebran os maios no Concello e o Día das Letras Galegas en Vilalba
TerraChaXa
Os residentes do centro de día de Abadín celebraron os maios cunha actividade que se desenvolvou na casa consistorial.
20 Maio 2022
Os residentes do centro de día de Abadín celebraron os maios cunha actividade que se desenvolvou na casa consistorial.
Para esta celebración acudimos ó concello de Abadín onde chegaron con todas as flores preparadas para decorar a estrutura que conmemora a representación da chegada da primavera e despedida do inverno.
Ademais, o pasado xoves 19 celebraron o día das Letras Galegas no instituto IES Lois Peña Novo de Vilalba. Nesta actividade, os maiores desfrutaron dunha visita guiada ao IES de Vilalba, do que procede a estudante en prácticas que está no ciclo de atención a persoas en situación de dependencia. Unha vez alí, ensináronlles as instalacións do instituto e participaron nun recital do autor dedicado este ano nas Letras Galegas.