Os maiores de Friol van de viaxe
O Concello de Friol organiza, unha vez máis, despois de dous anos sen poder realizala, unha excursión para o desfrute dos seus veciños e veciñas de maior idade, que son unha parte esencial de calquera sociedade e por suposto de este municipio.
A viaxe será o 14 de setembro e dará comezo diante da casa do Concello ás 8:30 da mañá e farán unha parada en Guitiriz para almorzar. Dende alí viaxarán a Muxía para pasar a mañá, ata a hora de comer o xantar en Laxe, sobre as 2 da tarde. Despois de xantar e descansar, xogando unhas partidas ás cartas ou bailando unhas pezas, visitarán o pobo de Laxe, onde poderán desfrutar de este pobo mariñeiro mentres toman un café, dan un paseo, ou desfrutan das vistas sentados nunha sombra, por exemplo, para seguidamente regresar a Friol.
A totalidade dos costes e a organización da viaxe son con cargo a fondos propios do Concello, posto que para o Equipo de Goberno é moi importante realizar actividades para todos os colectivos, e para os maiores aínda máis, se cabe, posto que son o sustento de calquera sociedade.
Espérase que se anoten moitos veciños e veciñas, trámite que teñen que realizar na Casa do Concello antes do día 9 de setembro.