Os maiores de Xermade poden facer a declaración da renda por videoconferencia
O Concello de Xermade participa nun proxecto enmarcado no Protocolo firmado entre la Axencia Tributaria e a Plataforma de Maiores e Pensionistas que ten a finalidade de facilitar a presentación da declaración do IRPF 2022 a persoas maiores de 65 años que teñan o domicilio fiscal en Xermade.
Será mediante un servizo de confección de declaracións por videoasistencia, atendido por persoal especializado da AEAT, co soporte do Concello. As persoas interesadas deberán pedir cita, e na data da mesma, acudir á Biblioteca Municipal de Xermade.
A cita pode pedirse nos teléfonos 915 53 00 71 e 901 22 33 44 ou na aplicación web.
A finalidade é facilitar a presentación da súa declaración de IRPF 2022 aos cidadáns maiores de 65 anos (a data 30 de xuño) que teñan o seu domicilio fiscal no Concello. Para iso configurarase un servizo de confección de declaracións por videoasistencia, que será atendido por persoal especializado da AEAT, co soporte do Concello.
Ás persoas que cumpran as citadas condicións (ser maiores de 65 anos e residir no Concello de Xermade), no momento de petición de cita, apareceralles a opción de acudir a calquera oficina física da AEAT ou de acudir ao Concello para ser atendidas mediante videoasistencia.
Se optan pola segunda opción, o día da cita o contribuínte acudirá ao Concello, que terá un posto preparado con computador con conexión a Internet, altofalante, micrófono e cámara. A videoconferencia desenvolverase a través da plataforma Zoom, polo que debe estar descargada esa aplicación no computador. O persoal do Concello que reciba ao contribuínte debe identificalo e axudarlle para a conexión. Ademais, sempre que dispoña dalgún certificado dixital, previas as xestións oportunas, poderá consultar a listaxe de citas concertadas para cada día, o cal lle permitirá planificar mellor o seu traballo.
Presentada a declaración, envíase o código seguro de verificación (CSV) do xustificante ao email ou móbil informado en cita previa. Na súa falta, o funcionario Axencia Tributaria indicaríalle cal é o CSV para que poida acceder á súa declaración. Se o contribuínte solicita copia en papel da declaración presentada, o funcionario do Concello podería facilitarlla co CSV que o funcionario da Axencia Tributaria ha comunicado ao contribuínte ao finalizar a atención. Por este motivo, recoméndase que o computador do Concello dispoña dunha impresora conectada e o funcionario do Concello asista ao contribuínte á súa impresión.