Os máis novos desfrutarán no campamento de verán de Viveiro

TerraChaXa | AMariñaXa
O venres 12 de xullo de 2019 dará comezo o campamento municipal de verán que se instalará no pavillón do IES Vilar Ponte durante os vindeiros dous meses, finalizando o 30 de agosto.
6 Xul 2019

O venres 12 de xullo de 2019 dará comezo o campamento municipal de verán que se instalará no pavillón do IES Vilar Ponte durante os vindeiros dous meses, finalizando o 30 de agosto.
Este servizo prestarase de luns a venres, de 8.30 a 14:00 horas, tentando, facilitar ena maior medida  posible a conciliación familiar e laboral durante estes meses estivais. O campamento municipal está destinada a nenas e nenos con idades comprendidas entre os 4 anos e os 12 anos e ofrécese de xeito gratuíto para os nenos empadroados no Concello de Viveiro.
O campamento municipal estará a cargo de profesionais con titulación no ámbito da educación infantil, monitores-as de tempo libre e coñecementos de primeiros auxilios.
As prazas son limitadas, ata completar o aforo,e podendo inscribirse 5 días hábiles despois da publicación no taboleiro do Concello, aportando a documentación correspondente.
Cómpre salientar, finalmente, que este servizo é unha das aposta importantes deste equipo de goberno que, continúa investindo para facilitar un servizo que considera esencial dende o punto de vista da educación, da diversión, do entretemento, do ocio e, sobre todo, da conciliación familiar.

0.13197612762451