Os menores das Pontes deberán levar unha autorización para as actividades culturais nocturnas

TerraChaXa
Para acceder con menores ás actividades culturais durante o verán de 2021, en horario de noite, será preciso presentar unha autorización.
ticket entrada
14 Jul 2021

O Concello das Pontes informa de que, ao abeiro do artigo 61 do Decreto 2816/1982 do 27 de agosto, para acceder con menores ás actividades programadas polo Departamento de Cultura durante o verán de 2021, en horario de noite, será preciso presentar, xunto coas entradas ou invitacións para os espectáculos, unha autorización de acceso ao recinto ou de custodia no caso de que os/as de menores non vaian acompañados/as polos seus pais/nais ou titor/a legal.

Esta autorización debe ir acompañada do orixinal da seguinte documentación:

  • Documento de identidade (DNI, NIE ou Pasaporte) do/a menor de idade, salvo no caso dos/as menores de 14 anos que non dispoñen de DNI, nese caso pódese substituír pola partida de nacemento.
  • Documento de identidade (DNI, NIE ou Pasaporte) do pai, nai ou titor legal que asina a autorización.
  • Documento de identidade (DNI, NIE ou Pasaporte) da persoa que custodia ao/á menor durante o evento.
  • Documentación relativa á tutela: folla do certificado rexistral de nacemento onde apareza a filiación e a patria potestade.
0.18265295028687