Os monólogos de Historias no Camiño chegan a Terra Chá en outubro

TerraChaXa
O humor chega a Terra Chá da mán de Historias no Camiño os días 9 e 10 d eoutubro.
Captura de pantalla 2020 08 21 a las 13.05.43
29 sep 2020

O humor chega a Terra Chá da mán de Historias no Camiño os días 9 e 10 d eoutubro.

Os espectáculos serán en Vilalba o día 9 ás 20.00 horas a cargo de Xan Veiga e en Friol o día 10 ás 18.00 horas contará con Isabel Risco.

A APSX Sagrado Corazón de Lugo, entidade sen ánimo de lucro que organiza actividades de índole deportivo e cultural, puxo en marcha cofinanciado polo programa O Teu Xacobeo da Xunta de Galicia, o proxecto Historias no Camiño.

Consiste nun programa de 5 actuacións en clave de humor (monólogos) por 5 vilas ou cidades por onde pasa o Camiño de Santiago. O proxecto que se desenvolve entre o 26 de setembro e o 10 de outubro conta con artistas coma Pedro Brandariz, Pepo Suevos, Isabel Risco, Oswaldo Digón ou Xan Veiga.

As vilas e cidades onde serán as actuacións son Lugo, Vilalba, Friol, Mondoñedo e Sarria.

0.17106580734253