Os nacionalistas de Guitiriz propoñen medidas para paliar as consecuencias do coronavirus
Xosé Lois Souto Pereira, voceiro municipal do BNG en Guitiriz, impulsou diferentes medidas para facer fronte a xestión da crise sanitaria producida pola COVID-19. Estas proposicións que se achegaron á corporación e goberno municipal reflicten a vontade construtiva do BNG á hora de facer fronte a esta crise.
O bloque dispón en instar á Xunta de Galiza un Plan galego de reactivación, económica e social, no que a través deste, se poida estabelecer diferentes liñas de axudas. Dito plan debe contar co consenso das distintas administracións, forzas políticas, sectores e axentes sociais, cuxa avaliación debe pasar polo Parlamento galego.
Xosé Lois Souto declarou “instamos á Xunta de Galiza para que abra o proceso deste plan, dende os concellos precisamos de ferramentas de coordinación co resto de administracións para poder executar medidas para aquelas persoas e empresas que xa están precisando axuda”
Neste sentido, o voceiro municipal resaltou que o BNG en Guitiriz xa fixo presente unha batería de medidas “a vontade construtiva do bloque está sendo dende o primeiro momento, xa puxemos medidas que estanse a executar como o funcionamento do banco de alimentos municipal cuxa aprobación foi por unanimidade”