Os nacionalistas de Viveiro piden a adhesión ao programa O Que Non Arde

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A portavoz do BNG de Viveiro, vén de rexistrar no Concello un escrito dirixido á alcaldesa para demandarlle que, o Goberno que dirixe, presente á Área de Medio Rural da  Deputación de Lugo, un Proxecto de actuacións de roza de masas forestais, matogueiras e outras formacións espontáneas, nas faixas de laterais da rede viaria municipal de Viveiro, así como para a adquisición de plántulas de especies arbóreas autóctonas que axuden ao mantemento da súa rede de faixas de xestión de biomasa, co obxecto de poder adherirse ao programa de axudas da Deputación O Que Non Arde.
48397833_2266222663615001_6862466997150547968_o
13 Aug 2020

A portavoz do BNG de Viveiro, vén de rexistrar no Concello un escrito dirixido á alcaldesa para demandarlle que, o Goberno que dirixe, presente á Área de Medio Rural da  Deputación de Lugo, un Proxecto de actuacións de roza de masas forestais, matogueiras e outras formacións espontáneas, nas faixas de laterais da rede viaria municipal de Viveiro, así como para a adquisición de plántulas de especies arbóreas autóctonas que axuden ao mantemento da súa rede de faixas de xestión de biomasa, co obxecto de poder adherirse ao programa de axudas da Deputación O Que Non Arde.

Os nacionalistas lamentan que o "Ggoberno socialista, a pesares de saber que o Concello de Viveiro é a administración responsable de vixiar o cumprimento das franxas de protección contra o lume no solo rústico, urbanizable ou de núcleo rura"l, segundo estabelece a instrución do 1/2018, do 26 de abril, relativa ás actuacións administrativas en materia de cumprimento das obrigas de xestión da biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas impostas pola Lei 3/2007, do 9 de abril, de prevención e defensa contra os incendios forestais de Galicia, continúe sen tomarse en serio e sen darlle resposta a esta preocupante problemática existente en todas as parroquias do municipio, posto que se están a incumprir reiteradamente as franxas de protección tanto en torno ás vivendas e núcleos de poboación coma na propia rede viaria municipal, “e que está a nosa veciñanza a padecer diariamente este abandono das pistas e viais de acceso a vivendas e de interconexión entre núcleos rurais, xa que a estas alturas do ano seguen sen limparse e sen realizar ningún traballo de mantemento nas mesmas, o que supón, advirte a portavoz municipal do BNG Míriam Bermúdez, "un perigo constante para os usuarios destes viais en pésimo estado e sen apenas visibilidade”.

A convocatoria do programa de axudas ao mantemento de faixas de biomasa O Que Non Arde da área de Medio Rural da Deputación de Lugo dirixido pola nacionalista Mónica Rancaño, nace como apoio aos concellos da nosa provincia. Miriam Bermúdez ve como "unha boa ocasión para que o Concello de Viveiro se poña as pilas e se sume a aqueles concellos da provincia que velan polo cumprimento da normativa de prevención e defensa dos lumes forestais. Unha oportunidade para que demostre que a Declaración de Estado de Alarma Climática que aprobou o Concello de Viveiro no pleno de xullo de 2019 foi máis que unha mera declaración de intencións e non só papel mollado, tal e como está a demostrou o Goberno de María Loureiro até o de agora, que logo dun ano da súa aprobación non puxo en marcha as medidas propostas polo BNG aprobadas en Pleno, tales como campañas de concienciación e/ ou a realización de programas de formación e asesoramento para fomentar os aproveitamentos dos usos do monte."

 

0.13655710220337