Os nacionalistas trasladan as súas propostas aos mercadiños de lugares como San Cibrao e Mondoñedo
O BNG percorreu os mercados semanais de San Cibrao, Viveiro e Mondoñedo, trasladando as súas propostas á veciñanza. Andrea Martíns, Miriam Bermúdez e Susana Riveira candidatas mariñás ao Congreso e ao Senado incidiron na necesidade de que Galiza e A Mariña teñan voz propia en Madrid, donde se toman a maioría das decisións políticas que tenen a ver con esta comarca.
Así, o considerou Andrea Martíns, quen afirmou que "fronte á irresponsabilidade e a frivolidade coa que actúan as forzas políticas estatais que miran os seus propios intereses antes ca os da sociedade galega e mariñá, o BNG ofrece seriedade, diálogo e responsabilidade na acción política".
A presentación nestes días dos TAC e cotas para 2020 anuncia recortes para a pesquería da pescada, importantísima para a Mariña, recortes dun 20% nos caladoiros donde faena a nosa flota, así coma para outras especies.
PENSIÓNS. Son moitos os pensionistas de Galicia e da Mariña que levan moito meses nas rúas en loita por unhas pensións dignas, por eso, tal como afirmou Susana Riveira "o BNG defende que Galiza asuma a competencia da xestión e réxime económico da Seguridade Social e derrogar a Lei 27/2011 que supuxo unha contrarreforma brutal das pensións. Proponse elevar progresivamente a pension mínima, que deberá coincidir co SMI. Así mesmo o BNG demanda o compromiso legal de que as pensións se realoricen, polo menos seundo o IPC, e establecer a xubilación ordinaria aos 65 anos".