Os nacionalistas ven ao Naseiro como un escenario perfecto para comezar con medidas sobre o cambio climático

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
23 Ago 2019
Unha das medidas incluídas na emenda de adición presentada polo BNG á moción do PSOE sobre o recoñecemento do estado de emerxencia climática que foi aprobada no pleno de Viveiro de xullo, cos votos a favor da oposición e coa abstención do PSOE e Son Viveiro, foi a de potenciar campañas de concienciación desde o Concello. Algunhas desas medidas de emerxencia contra o cambio climático xa se poderían adoptar nas festas do Naseiro, ao carón do río Landro, que se van celebrar dende hoxe e ata o 28 deste mes.

A celebración da Romaría do Naseiro preséntase, xa que logo, como unha boa ocasión para pór en valor as medidas propostas polo BNG sobre o cambio climático, perfecta para comezar coa campaña de concienciación a prol da redución, reutilización e reciclaxe de resíduos co obxecto de evitar a contaminación por incineración ou vertido, dada a gran cantidade de lixo que se xera pola gran influencia de asistentes durante os días da celebración da romaría, como tamén nos días que non son de celebración pero que tamén forman parte da mesma, como son as de montaxe e desmontaxe das cabanas ou casetos .

0.20823121070862