Os nenos barreirenses recibiron pases gratuítos para o XuvenLugo

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
A área de mocidade da deputación que dirixe Mónica Rancaño fixo entrega ao Concello de Barreiros dun lote de pases gratuítos a XuvenLugo, que se distribuirán nos diferentes actos de Nadal organizados pola concellería de dinamización.
23 Dec 2019

A área de mocidade da deputación que dirixe Mónica Rancaño fixo entrega ao Concello de Barreiros dun lote de pases gratuítos a XuvenLugo, que se distribuirán nos diferentes actos de Nadal organizados pola concellería de dinamización. Dani García, concelleiro de dinamización, manifesta que “é un xeito de aproveitar os recursos públicos que se invisten nese evento e que chegue tamén a lugares máis distantes, como pode ser Barreiros. Así, as nenas e nenos que participen nas actividades de Nadal do concello poderán ter un pase gratuíto a este evento no que as distintas administracións colaboran.”

O XuvenLugo é unha feira de lecer familiar que se vén celebrando en Lugo desde hai máis de vinte anos no Pazo de Feiras e Exposicións de Lugo, que se está a desenvolver en horario de tarde, desde as 16.30 até as 20.30 horas, entre os días 5 de decembro e 7 de xaneiro.

O recinto inclúe unha sección dedicada exclusivamente aos nenos de 0 a 3 anos, tamén ludoteca, inchables, unha zona de xogos recreativos, atraccións mecánicas, unha pista de minigolf, outra de slot, unha pista multiaventura, o touro mecánico e o rocódromo, entre outros atractivos para os nenos.

0.20347905158997