Os nenos de Barreiros desfrutarán do Samaín

TerraChaXa | LugoXa | AMariñaXa
30 Out 2019

A concellaría de dinamización e participación veciñal do Concello de Barreiros en colaboración coa biblioteca municipal invitan a pasar unha xornada divertida en torno ao Samaín que se celebrará nas escolas ao lado do Concello, o xoves 31 de outubro, de 10 a 13.30 horas.

A festa vai dirixida aos nenos e nenas de Educación Infantil, e os de Primaria nados entre os anos 2008 e 2016.

Os interesados en acudir deben avisar nas oficinas xerais do Concello ou na biblioteca.

Os nenos desfrutarán dun obradoiro de cabazas, manualidades, lectura de contos do Samaín, decoración do consistorio e dunha degustación de comida terrorífica por cortesía da asociación de hostalería barreirense.

0.13276720046997